abstinencia
(
-
s
f
Acción de absterse ou abster.
Sinónimos: abstención. -
s
f
Actitude que consiste en absterse dos praceres materiais.
Ex: Agora que chega o verán, vou rematar coa abstinencia de non ir de vacacións.
-
s
f
[RELIX]
-
Privación dun pracer ou dun manxar, especialmente de carne, en cumprimento dun precepto relixioso ou dun voto especial.
Sinónimos: vixilia. -
Precepto da Igrexa Católica referente á abstención de comer carne ou derivados da carne en determinados días do ano, principalmente os venres durante a Coresma.
Sinónimos: vixilia.
-
-
síndrome de abstinencia
[PAT]
Conxunto de síntomas que aparecen ao interromper a administración dunha determinada substancia, á que unha persoa desenvolvera adicción e tolerancia por un consumo habitual.
-
teoría de abstinencia
[ECON]
Teoría económica formulada por M. W. Senior e a escola de economía vulgar, que considera a abstinencia como requisito para a acumulación do capital.
Refráns
- Deixa a carne un mes, que ela te deixará a ti tres.
- Mesa posta; mesa erguida, que o moito comer fai doer a barriga.