Acción Democrática
Acción Democrática
[POLÍT]
Partido político venezolano fundado no 1940 que substituíu o ilegalizado Partido Democrático Nacional. Chegou ao poder coa elección para a presidencia de R. Betancourt (1945-1948) e R. Gallegos (1948), para ser prohibido tras un golpe de estado. O partido retornou ao poder cos presidentes Betancourt (1959-1964), R. Leoni (1964-1969), Carlos Andrés Pérez (1974-1979 e 1988-1993) e J. Lusinchi (1984-1988). Derivou dende posicións esquerdistas ao centro-dereita (1960-1970) e despois á socialdemocracia.