acendedor -ra
(< acender)
-
adx
Que acende.
-
s
m
Dispositivo que serve para acender.
Ex: O acendedor de cachimba é diferente ó dos cigarros.
-
s
m
[TECNOL]
Instrumento formado de varias pezas que serve para acender. Os sistemas empregados para conseguir o acendido dun combustible son moitos e diversos (por chispa, por resistencia eléctrica, catalítico, etc) e dependen da natureza do material e da aplicación, específica ou non, do acendedor.
Ex: A súa cociña era de butano e non tiña acendedor para prender os fogóns.
Confrontacións: chisqueiro. -
s
m
[TECNOL]
Aparello empregado para acender un motor de explosión. Os principais tipos son o manual, con manivela, ou de inercia, que aproveita a enerxía dun volante que xira a alta velocidade, e o motor de arranque, que habitualmente é un motor eléctrico. Empréganse tamén os acendedores de aire comprimido, onde a inxección de aire a presión nos cilindros produce o efecto da explosión do combustible e inicia, así, o movemento do motor.
Ex: Déronlle ó acendedor pero non se accionou o dispositivo do motor.
Confrontacións: chisqueiro.