acento
(
-
s
m
Conxunto de todas as modalidades fónicas da linguaxe, é dicir, a intensidade, o ton, a cantidade ou duración e o timbre dos sons; as variacións de todos eles conxuntamente, caracterizan non só os distintos idiomas, senón tamén o xeito de falar un mesmo nas distintas rexións, a fala de cada persoa ou a expresión de situacións distintas do ánimo.
-
[LING]
-
s
m
Elemento articulatorio mediante o que se destaca unha sílaba pertencente a unha palabra. Nalgunhas linguas como o alemán, o inglés, o español, etc, este elemento consiste nunha maior intensidade, é dicir, un maior reforzo respiratorio; chámase entón acento de intensidade, dinámico, espiratorio, articulatorio ou de sonoridade. Noutras linguas como o grego, por exemplo, este elemento consiste na elevación do ton da voz, é dicir, unha maior tensión das cordas vocais ao emitir a sílaba acentuada; entón chámase acento tónico, musical, de altura, cromático ou melódico. No galego denomínase acento tónico ou acento de intensidade. Ambos acentos poden existir nunha mesma lingua, pero poden darse con exclusividade un ou outro; en moitos casos, coexisten prevalecendo un ou o outro.
-
acento afectivo/enfático/expresivo/retórico
Aquel que recae sobre unha sílaba átona no sistema pero que enfatiza a palabra á que pertence. Este acento aumenta, non só a intensidade da sílaba afectada, senón tamén a súa altura e a súa duración xeralmente.
-
acento ascendente
Sinal que ten o grao de maior intensidade na fin do elemento acentuado.
-
acento condicionado/libre
Acento que presenta unha disposición determinada por circunstancias fónicas, morfolóxicas ou sintácticas. É o acento que emprega, por exemplo, o galego (
Ex: oso/óso). A liberdade deste tipo de acento é relativa, pois, na práctica, depende da tradición, por iso se denomina tamén acento tradicional.
-
acento de cantidade
Elemento que establece o contraste acentual empregando como procedemento positivo a maior lonxitude da sílaba acentuada. Este tipo de acento era fundamental en sánscrito, grego e latín (
Ex: lu?s, sãga) para marcar o carácter distintivo da cantidade nestas linguas.
-
acento de intensidade
Indicación que establece o contraste acentual empregando como procedemento positivo a maior intensidade da sílaba acentuada. Chámase tamén acento articulatorio, de sonoridade, dinámico, expiratorio ou tónico.
-
acento de nexo forte
Aquel que designa na cadea falada a aparición da consoante cando a articulación da vogal precedente se atopa en plena tensión.
-
acento de nexo frouxo
Aquel que designa na cadea falada a aparición da consoante cando a articulación da vogal precedente se atopa en fase de distensión.
-
acento descendente
Sinal que ten o grao de maior intensidade ao comezo do elemento acentuado.
-
acento fixo
Aquel que recae sobre unha sílaba determinada segundo a estrutura da lingua; é o acento utilizado no céltico, no latín, nas linguas xermánicas, etc.
-
acento intelectivo
O que ten por obxecto resaltar unha noción para caracterizala, distinguila ou definila.
-
acento léxico/silábico
Aquel acento de intensidade ou musical que recae nunha palabra illada.
-
acento melódico
Elemento que establece o contraste acentual empregando como procedemento positivo a maior elevación da voz da sílaba acentuada ( ton). Chámase tamén acento musical, cromático, tónico ou de altura.
-
acento principal
Especialmente nas linguas con unidades acentuadas xerarquizadas, como o alemán, o inglés, o finés, o ruso e o checo, o acento preeminente dunha das unidades respecto das outras dun grupo.
-
acento secundario
Eco do acento que fai salientar unha das sílabas inacentuadas respecto das outras. Especialmente nas linguas con unidades acentuais xerarquizadas, o acento das unidades acentuais dun grupo que ten outra unidade con acento principal.
-
s
m
-
acento gráfico/gramatical/ortográfico
[LING]
Signo escrito sobre unha vogal que pode marcar o acento de intensidade (
Ex: útil) ou o timbre aberto ou pechado (Ex: póla [ó]/pola [o]), ou para distinguir unha palabra doutra coa mesma grafía pero con significado diferente (Ex: chá ‘plana’/cha ‘che + a’). Chámase tamén acento gráfico ou gramatical. Distinguimos tres tipos: a) acento agudo (´), pequeno trazo oblícuo que baixa de dereita a esquerda (Ex: camión). Noutras linguas, por exemplo en francés, o acento agudo marca que a vocal é pechada (Ex: culpabilité); b) acento grave (`), pequeno trazo oblícuo que baixa de esquerda a dereita de quen escribe ou lee. O francés (Ex: pèlerinage) e o catalán (Ex: àvid) utilízase actualmente, mentres no galego está en desuso. c) acento circunflexo (^), aquel que se compón dun agudo e un grave unidos por arriba. Está en vixencia no portugués (Ex: circunferência) e no francés (Ex: chatêau), por exemplo, pola contra, na nosa lingua xa non se emprega na actualidade.
-
s
m
Inflexión da voz que expresa un sentimento.
Ex: Só puido repetir aquelas palabras con acento dolorido.
-
s
m
[LING]
Conxunto de particulares inflexións que caracterizan a pronunciación propia dos habitantes dun país, rexión ou lugar.
-
acento métrico/rítmico
[LIT]
Elemento constitutivo do verso que este, para ser harmonioso, leva en determinadas sílabas.
-
s
m
[MÚS]
Argumento de intensidade dado a unha nota en relación ás outras para marcar o compás.