Acevedo do Río
Acevedo do Río
Antigo concello da Terra de Celanova. Foi constituído en 1813 co establecemento dos axuntamentos constitucionais. Integrado polas parroquias de Acevedo do Río, Alcázar de Milmanda e Milmanda, pertencía ao partido xudicial de Celanova. A partir do 11 de outubro de 1967 incorporouse ao concello de Celanova.