actomiosina
actomiosina
s
f
[BIOQ]
Complexo de dúas proteínas, actina e miosina (na proporción de 1:4,3), que forma o 60% das proteínas do tecido muscular e que constitúen a substancia contráctil deste. Pola solubilidade, a actomiosina é unha globulina, pero presenta unha estrutura semellante á da queratina, cousa que a clasificaría entre as escleroproteínas.