Aditi
Aditi
[MIT/RELIX]
Deusa védica, personificación da extensión universal e infinita, sostedora do ceo e da existencia, e alimentadora da Terra. O seu nome significa, en sánscrito, ‘a ilimitada’. A súa antítese semella ser a deusa Diti. Diversas fontes relaciónana con Vishnu, unhas veces como nai outras como muller, designándoa co nome de Devamãt ṛ i (‘nai dos deuses’) e, especialmente, ‘nai dos Āditya’.