aditivo -va

aditivo -va

(< lat additivu)

  1. adx

    Que inclúe unha adición, que se obtén sumando, que pola súa adición ou agregación produce un aumento cuantitativo.

    Ex: Merquei yogures con aditivos.

  2. s m

    Calquera substancia que se engade a un produto de consumo industrial para mellorar as características sen alterar fundamentalmente a súa natureza.

    Ex: Substancias aditivas que completan as mesturas.

  3. s m [CONSTR]

    Produto que se engade aos formigóns para modificar algunha das súas características ou outorgarlle algunha outra calidade. Os máis empregados desígnanse polo nome da característica que modifican ou confiren: acelerantes, aireantes, anticonxelantes.

  4. s m [PINT]

    Substancia (cera, resina, etc) mesturada coas pastas pitóricas para darlles características especiais, por exemplo, consistencia.

  5. aditivo alimentario [ALIM]

    Substancia sen poder nutritivo que se engade á masa ou á superficie dos alimentos, para conservar as súas características físicas, químicas ou físico-químicas, evitar a alteración espontánea ou darlles características particulares de aspecto, gusto, olor ou consistencia. Os aditivos clasifícanse en catro grandes grupos, un dos cales está formado polas substancias que modifican os caracteres organolépticos, que se subdividen en modificadores da cor (colorantes, branqueadores), substancias do sabor (edulcorantes, produtos amargos) e axentes aromáticos. Outro grupo son os estabilizadores de aspecto e caracteres físicos (modificadores de textura: espesantes, xelificadores e demais). Un terceiro grupo está formado polas substancias que impiden as alteracións químicas (antioxidantes) e biolóxicas (conservadores ou antimicrobianos). Finalmente cómpre mencionar os coadxuvantes tecnolóxicos (disolventes, clarificadores, neutralizadores). O uso de aditivos alimentarios require autorización sanitaria, xa que é esencial a ausencia de calquera risco toxicolóxico. Internacionalmente pódese contar co comité mixto FAO/OMS de expertos en aditivos alimentarios que fai esforzos continuados por actualizar e harmonizar os criterios de necesidade e seguridade no uso de aditivos e a consecuente normalización de listas positivas. O uso de aditivos é obxecto de polémicas, xa que logo téndese cada vez máis aos aditivos naturais (extraídos de produtos naturais ou de análogos, obtidos por síntese) ou a restrinxirse o seu uso.

  6. procedemento aditivo [ARTE]

    Procedemento de obtención da cor no cine, no que a bricomia ou a tricomia se acadan por síntese aditiva, seguido por medios fotoquímicos ou ópticos, ou por superposición á pantalla de imaxes de diferentes cores.

  7. propiedades aditivas [QUÍM/FÍS]

    Propiedades que nun sistema dado veñen representadas pola suma das propiedades correspondentes dos elementos que o constitúen. A única propiedade absolutamente aditiva é a masa, pero no caso de mesturas hai moitas outras que o son de maneira aproximada. Cando o sistema considerado é unha molécula, non poden existir máis propiedades aditivas que as que non dependen, ou dependen moi pouco, dos enlaces químicos e da xeometría molecular.

Palabras veciñas

adisabebano -na | aditamento | Aditi | aditivo -va | adito -ta | Āditya | adival