adival

adival

(< ár at-tiuāl ‘corda’)

  1. s m

    Corda forte, grosa e longa de esparto ou cánabo que se emprega habitualmente para termar  ben da carga do carro, toxo, trigo, centeo ou herba seca. Pode acadar trinta ou máis metros de lonxitude. O seu uso tamén pode estenderse a remolques ou vehículos semellantes.

    Ex: Remolcamos o coche atando un adival ó outro. Adiviña, adiviñanza: cando vai para o monte, vai engurrado e cando vén para casa vén estendido.

    Sinónimos: cabestro, sedeño, trelo.
  2. [MIT/ETN]

    Mantense a crenza, xeneralizada en Galicia, de que existe unha relación máxica (o semellante produce o semellante) entre adivais e serpes, pola que se poden transmutar. Principia o proceso polo troco da corda en animal trala pronuncia de fórmulas de encantamento nas que queda suxerida a posibilidade do proceso inverso: “adival es, culebrón haste volver / o que de eiquí te ha sacar tres bicos hache dar” ou “o que te desencantar nove veces detrás do cachazo hate bicar”.

Palabras veciñas

aditivo -va | adito -ta | Āditya | adival | adiviña | adiviñación | adiviñanza