adiviñación
(< adiviñar)
-
s
f
Acción de adiviñar, de predicir o futuro.
Ex: Deixounos abraiado con esas adiviñacións.
Sinónimos: presaxio, prognóstico. -
s
f
[ESOT]
Semella que os pobos celtas situaban o comezo do ano contra o primeiro de novembro, festa de Todos os Santos ou Samahin, momento no que se tentaba o coñecemento do porvir no ano entrante. Perdura dalgún xeito na tradición galega que asegura que segundo o tempo que vaia nos doce primeiros días de xaneiro corresponderá respectivamente ao dos doce meses do ano, por mor do principio fundamental da maxia que mantén que o semellante produce o semellante. A noite de san Xoán é outro momento axeitado para o adiviñamento, se se deixa unha xema de ovo mergullada nunha cunca con auga para logo analizar e interpretar a forma que tomou ao longo da noite; por exemplo, sendo cadrada, cal un cadaleito, indica proximidade dunha morte na familia. A aeromancia (adiviñación a través da observación do aire), apantomancia (adiviñación a través da observación das flores), coscinomancia (adiviñación a través da observación do comportamento de certos obxectos como as tesoiras), litomancia (adiviñación a través das pedras de abalar) ou piromancia (adiviñación a través da observación do lume) son formas concretas de adiviñación tradicionais na Galicia.