adiviña

adiviña

(

  1. s f [ESOT]

    Muller que bota as cartas e que máis comunmente se chama naipeira, se ben a súa sabedoría pode vir inspirada por outras artes. Predí o futuro ou descobre o que está oculto empregando medios que saen do natural.

    Ex: Fomos visitar a adiviña para que nos botase as cartas.

    Sinónimos: meiga, feiticeira.
  2. s f [XOGO]

    Enigma ou pregunta enxeñosa, usualmente en verso, presentada para entreterse en acertar a resposta. As adiviñas son unha parte importante da riqueza cultural dos pobos que teñen nelas un tesouro de alta importancia pedagóxica e literaria dando a coñecer o mundo dos animais, dos vexetais, dos astros e das cousas. A adiviña popular nace e fornécese da propia actividade humana, na casa, na rúa, nas escolas, pero acrecéntase no escenario folclórico e múltiple dunha serie de momentos rituais como xogos, magostos, queimadas, esfolladas, muiñadas, fiadeiros, etc. É un xénero de creatividade literaria inigualable porque á súa chegada pola canle da tradición  oral une a función poética e lúdica da linguaxe, sendo punto de converxencia do ritmo e da metáfora. Resulta unha verdadeira ximnasia intelectual porque agudiza o oído, esperta o enxeño e a memoria, aviva e xera a sensibilidade poética e produce asombro, curiosidade e admiración.

    Ex: Teño un libro cheo de adiviñas.

    Sinónimos: adiviñanza, crebacabezas, quebracabezas.

Refráns

  • Acértao ti, que xa che direi o que é / que xa cho direi.

Palabras veciñas

adito -ta | Āditya | adival | adiviña | adiviñación | adiviñanza | adiviñar