adventismo

adventismo

(

s m [RELIX]

Doutrina común a seis grupos protestantes xurdidos nos EE UU durante o s XVIII que, a partir do profetismo bíblico, anuncian moi cercana a segunda vinda de Cristo. O movemento adventista moderno iniciouno nos EE UU W. Miller entre 1831 e 1833. Entre os seguidores do adventismo hai dúas tendencias: os posmilenaristas, que consideran que esa chegada será gradual e seguirá á Apocalipse; e os premilenaristas, que cren no progreso social e que a chegada de Cristo comezará cun cataclismo cósmico despois do milenio. A partir do núcleo orixinario formáronse as diversas igrexas e grupos, das que a máis activa é a dos Seventh Day Adventists (Adventistas do Sétimo Día), seguida en importancia polos Evangelical Adventists (1845), os Advent Christians (1881), a Church of God, a Life anb Advent Union (1860) e os Age-to Come Adventist (1951). As diferencias entre estes grupos fundaméntanse, sobre todo, nas diversas interpretacións sobre o milenario, sobre a natureza do home, o ministerio de Cristo, os xudeus, o descanso do sábado e as ofrendas espirituais.

Palabras veciñas

advección | advectivo -va | adventicio -cia | adventismo | adventista | advento | adventual