advento

advento

(

  1. s m

    Chegada dun acontecemento ou época, especialmente se se trata da ascensión ao trono dun Rei ou dun Papa.

  2. s m [RELIX]

    Tempo litúrxico que precede ao Nadal. A primeira referencia a este período no Cristianismo occidental é do s VI. O advento ten unha duración variable: nas Igrexas Católica e Anglicana comeza catro domingos antes; na antiga liturxia visigótica tiña seis semanas. En Oriente non hai propiamente un advento, pero si uns domingos que preceden ao Nadal. O primeiro domingo de advento é tamén o día en que comeza o ano eclesiástico. O advento ten un ton penitencial semellante ao da Coresma, pero menos severo. Este período obsérvase como preparación do Nadal e para preparar o sentido litúrxico da segunda vinda de Xesucristo.

    Ex: A chegada do advento anuncia o Nadal.

  3. coroa de advento [ETN]

    Coroa feita de pólas de abeto con catro velas que se colgan ou se colocan sobre unha táboa durante o período de advento. É un costume alemán que se popularizou noutros países da Europa occidental e nórdica despois da Primeira Guerra Mundial.

Refráns

  • Pala vintena do Advento, veñen a tempa chuvia, neve e vento.

Palabras veciñas

adventicio -cia | adventismo | adventista | advento | adventual | adveración | adverar