adveración
adveración
(< adverar)
-
s
f
Acción e efecto de adverar.
Ex: A sinatura do seu responsable é a mellor adveración dun documento.
Sinónimos: garantía. -
s
f
[HIST/ARQUIV/DER]
Autenticación xurada feita polo autor dunha homenaxe feudal, xunto con testemuñas, no caso de que se perdera o documento orixinal.
-
adveración do testamento
[DER]
Declaración diante do xuíz sobre o contido dun testamento, feita por aquelas persoas en presenza das que, en circunstancias extraordinarias, principalmente perigo de morte, a lei autoriza a outorgar testamento. Para a eficacia deste testamento o xuíz ten que declarala despois de recibir a adveración daquelas persoas diante das que foi outorgado o testamento e despois de ser completadas as outras formalidades legais esixidas en cada caso.