adventista

adventista

(< adventismo)

  1. adx [RELIX]

    Relativo ou pertencente ao adventismo.

    Ex: Pertence á igrexa adventista.

  2. s [RELIX]

    Seguidor do adventismo.

    Ex: Esta tarde viñeron visitarme a casa dous adventistas ben traxeados.

  3. adventista do sétimo día [RELIX]

    Membro da Igrexa Cristiá Adventista do Sétimo Día, organización relixiosa estruturada no 1863 polos seguidores do pastor bautista americano William Miller. Os adventistas do sétimo día cren que, co gallo do retorno do Cristo, os xustos resucitarán mil anos antes ca os inxustos. Restableceron a observancia do sábado en vez do domingo.

Palabras veciñas

advectivo -va | adventicio -cia | adventismo | adventista | advento | adventual | adveración