afinar

afinar

(< fino)

  1. v t e pron

    Facer(se) ou poñer(se) algo fino ou máis aguzado.

    Ex: Afinou as setas que ía empregar na competición. Afinóuselle avoz.

    Sinónimos: aguzar.
  2. v t

    Corrixir calquera imperfección ou facer máis perfecto.

    Ex: Afinou esa pequena obra de arte que estaba a construír el mesmo.

    Sinónimos: aguzar.
  3. v pron

    Tornarse alguén máis fino, cortés ou delicado.

    Ex: Afinouse moito nos últimos meses nos seus costumes na mesa.

    Sinónimos: educar, perfeccionar.
  4. [MÚS] Antónimos: desafinar.
    1. v t

      Poñer no ton certo un instrumento musical.

      Ex: Os músicos da orquestra sinfónica afinaron os instrumentos antes do concerto.

      Antónimos: desafinar.
    2. v i

      Cantar ou tocar un instrumento musical dando o ton certo.

      Ex: Sempre dicía que afinaba mellor ca ninguén nos sostidos.

      Antónimos: desafinar.
  5. v t [ARTESAN]

    Limar os bordos ou arestas das pezas de cerámica aínda crúas; facerlles o fondo máis fino ou pulilas de calquera imperfección.

  6. v t [IND]
    1. Eliminar as impurezas contidas nun metal ou aliaxe que poden estragar algunha das súas calidades ou empecer a súa utilización industrial. Os sistemas máis usuais son o depurado, a electrólise, a fusión, a oxidación, a licuación ou o tratamento con ácidos (afinación do ouro), etc.

    2. Na metalurxia, obter o aceiro mediante a oxidación e a eliminación dos elementos que ten en exceso o ferro colado ou calquera outra materia prima.

  7. v t [IND]

    Poñer a punto un mecanismo, máquina ou motor para que funcione correctamente.

  8. v t [IND]

    Manter a pasta de vidro en fusión certo tempo coa finalidade de que os materiais non disoltos se depositen e as burbullas de aire se separen.

  9. v t [METROL]

    Axustar un instrumento de medida para obter indicacións precisas.

Frases feitas

  • Afinar os prezos. Rebaixalos.

Conxugar
VERBO afinar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afino
afinas
afina
afinamos
afinades
afinan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afinaba
afinabas
afinaba
afinabamos
afinabades
afinaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afinei
afinaches
afinou
afinamos
afinastes
afinaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afinara
afinaras
afinara
afinaramos
afinarades
afinaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afinarei
afinarás
afinará
afinaremos
afinaredes
afinarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afinaría
afinarías
afinaría
afinariamos
afinariades
afinarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afine
afines
afine
afinemos
afinedes
afinen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afinase
afinases
afinase
afinasemos
afinasedes
afinasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afinar
afinares
afinar
afinarmos
afinardes
afinaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
afina
-
-
afinade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
afinar
afinares
afinar
afinarmos
afinardes
afinaren
Xerundio afinando
Participio afinado
afinada
afinados
afinadas