ágar-ágar

ágar-ágar

(

s m [QUÍM]

Polisacárido mucilaxinoso que se extrae dalgunhas algas vermellas. O seu uso dátase hai máis de mil anos no Xapón, pero non se empezou a producir en Occidente ata a Segunda Guerra Mundial. Debido a que funde a 85°C e solidifica a 35°C, é moi empregado en alimentación como espesante e xelificante (aparece co código alimentario E-406), en microbioloxía para preparar medios de cultivo sólidos e en bioquímica como soporte en técnicas de separación de moléculas. En Galicia obtense fundamentalmente da especie Gelidium sesquipedale.

Palabras veciñas

Agar | Agar | Agar y Bustillo, Pedro | ágar-ágar | Agarā | agarandar | agardar