Agar
Agar
Segundo o libro da Xénese, escrava exipcia de Sarai, muller de Abrahán. Sarai, debido á súa esterilidade, deixoulla como concubina a Abraham para que lle dese descendencia. Desta relación naceu Ismael. Máis tarde, cando Sarai tivo un fillo, Isaac, persuadiu a Abrahán para que expulsase a Agar e a Ismael da Terra Prometida. Os árabes considéranse descendentes de Ismael (ismaelitas) e de Agar (agarenos). Así mesmo, teñen a Agar como a verdadeira muller de Abraham e supoñen que habitou na Meca.