aguillón

aguillón

(

  1. s m [ZOOL]

    Ovopositor transformado nunha puga con capacidade para inocular veleno que presentan as femias de certos himenópteros. Pode ter unha función defensiva da comunidade, como no caso das abellas e das formigas, ou paralizante, en certas avespas depredadoras.

    Ex: Puiden quitarlle o aguillón cunhas pinzas de depilar.

    Sinónimos: ferrete, ferrón.
  2. s m [BOT]

    acúleo.

  3. s m [ETN]

    Punta de ferro que se coloca nun dos cabos dunha aguillada para aplicar aos animais.

    Ex: Por golpear tan forte caéuselle o aguillón.

    Sinónimos: acúleo.
  4. s m [XEOL]

    Rocha ou con agudo que sobresae no mar.

    Ex: O barco chocara co aguillón antes de se afundir.

    Sinónimos: farallón.
  5. s m

    O que estimula ou incita a obrar.

    Ex: Sentiu o aguillón da fama.

    Sinónimos: estímulo, incentivo.

Frases feitas

  • Dar couces contra o aguillón. Empeñarse en facer algo inutilmente.

  • Saír a todos os aguillóns. Ser destemido ou ser valente.

Palabras veciñas

aguilloada | aguilloar | aguillolo | aguillón | Aguillón | Aguillón | Aguillón, O