Ahlin, Lars

Ahlin, Lars

Novelista sueco. A súa primeira novela, publicada en 1943, Täbb med manifestet (Täbb e o Manifesto), representou unha novidade radical nas descricións do mundo obreiro sueco. Escapou do naturalismo e da novela psicolóxica e experimentou no campo formal. Escribiu, entre outras, as novelas Om (Se, 1946), Egen spis (Cociña propia, 1948) e Bark och lov (Cortiza e follas, 1961) e cultivou tamén o teatro. Publicou o seu derradeiro libro, Breviarium (Breviario), no ano 1996.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Sundsvall

  • Deceso

    Lugar : Estocolmo