albarello

albarello

(< albar)

s m [ALIM]

Clase de uva que produce un bo viño tinto. Cultívase nas comarcas de Quiroga, Valdeorras, no val de Monterrei e no Ribeiro. A cepa do albarello, aínda que moi produtiva, é facilmente atacada polo oidium. O viño consérvase ben e existe a crenza de que aumenta o seu vigor cando se traslada a outros países.