alberguería
alberguería
(< albergue)
s
f
Pousada ou mesón que se podía encontrar, na época medieval, ao longo do Camiño de Santiago, co propósito de acoller e atender os peregrinos que por alí pasaban e paraban. Hoxe en día serven como lugar de concentración dun elevado número de romeiros ou peregrinos que atopan un lugar no que repoñer forzas para continuar o camiño na súa visita á tumba do Apóstolo.