álbum

álbum

(

  1. s m

    Libro en branco empregado para reunir nel poesías, máximas, pezas de música, coleccións de debuxos, fotografías, selos, etc.

    Ex: No álbum teño todos os recordos da miña infancia.

  2. s m [PALEOG]

    Antigamente, táboa pintada de branco ou recuberta de xeso onde se transcribían os editos dos pretores, listas de xuíces e outros anuncios de carácter político e administrativo.

    Ex: Recuperaron do xacemento un par de álbums da época romana.

  3. s m

    Colección encadernada semellante a un álbum.

    Ex: Álbum de vistas de Cedeira.

  4. s m [FILAT]

    Libro dotado de follas fixas ou móbiles destinado á montaxe dos selos dunha colección con carácter permanente.

    Ex: Regaláronme moitos selos co seu correspondente álbum.