Álbum de El Miño

Álbum de El Miño
[PUBLIC]

Caderno anexo ao xornal El Miño, publicado en 1858, que constaba de 563 páxinas. O seu subtítulo era “Colección de artículos literarios, historia, biografías, novelas, poesías e estaba promovido por Xoán Compañel, entre outros. Nel introducíronse comentarios de Leandro Saralegui y Medina sobre poemas de Aurelio Aguirre, Pondal e Pastor Díaz, xunto con novelas en castelán de Vicetto, Neira de Mosquera e do propio Compañel. Tamén textos de Pintos, Alberto Camino e Francisco Mª de la Iglesia, e poemas en castelán de Pondal, Murguía, Saralegui, Rodríguez Seoane e Rosalía de Castro.