alcoholimetría

alcoholimetría

(< alcoholi- + -metría)

s f [QUÍM]

Determinación da proporción de alcohol etílico que existe nas súas mesturas coa auga, e nos líquidos fermentados, mediante un alcoholímetro. Esta proporción pode expresarse en graos alcohólicos Gay-Lussac, ou noutras unidades. Cando se trata de mesturas de etanol e auga, o alcoholímetro pódese utilizar directamente. Cando se trata de líquidos alcohólicos complexos, cómpre efectuar unha destilación previa.