Aldán, ría de

Aldán, ría de

Ría situada na marxe N da península do Morrazo. Ten unha disposición meridiana de xeito que as súas beiras quedan enfrontadas unha ao L e a outra ao O. A cabeceira sitúase na praia de Vilariño, onde desemboca o río Fiais, principal emisario da ría, e remata nas puntas do Bon, na marxe L, e na punta do Couso, na marxe O. Baña as costas das parroquias de Beluso, do concello de Bueu, e as de Aldán e Hío, do concello de Cangas do Morrazo.

Palabras veciñas

Aldán | Aldán | Aldan, altiplano de | Aldán, ría de | Aldana | Aldana, Francisco de | Aldanov, Mark