Alexandría, escola cristiá de
Alexandría, escola cristiá de
Movemento iniciado no s II d C no interior da comunidade cristiá de Alexandría. Nun principio foi unha escola catequética que, pola súa importancia, chamou a atención de moitos pagáns cultos. A etapa de esplendor comeza con Panteón e culmina con Clemente (150?-215?) e Oríxenes (185?-255?). Con ocasión da controversia ariana sobresaíu Atanasio (295?-373?) e con ocasión da herexía nestoriana, Cirilo (373-444). Os elementos que a definen son o seu platonismo e a tendencia á interpretación alegórica das escrituras.