Alexandría, escola xudía de

Alexandría, escola xudía de

Comunidade xudía que se instalou en Exipto despois da destrución do templo de Xerusalén (arredor do 586 a C). En tempos de Filón, os xudeus de Exipto chegaron a ser un millón. Foron helenizados como o amosa a súa produción literaria en lingua grega. Esta helenización fixo necesaria a versión da Biblia ao grego, denominada dos Setenta. Outras obras alexandrinas son os oráculos sibilinos, amplamente coñecidos no helenismo, os libros II, III e IV dos Macabeos e o prólogo e versión grega do Libro da sabedoría de Salomón. A vontade de helenización dos xudeus de Alexandría culminou en Filón (20 a C-40 d C) pero vai diminuír coas revoltas e persecucións da época romana.