Alfonsín

Alfonsín
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe procedente dos Alonso de Asturias. Unha das súas ramas pasou a Galicia fundando novas casas en Vigo e en Baión (Vilanova de Arousa), lugar que adoptou esta denominación. As súas armas levan, en campo de azur, unha banda de sinople, perfilada de prata, engolada en cabeza de dragóns de ouro; vai acompañada, no alto, de tres estrelas de ouro e, no baixo, dun lobo do mesmo metal.