Altamirano

Altamirano
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe oriúnda de Altamiros (Ávila) dende onde pasou a Galicia e a outros lugares da península e de América. Moitos membros desta familia ingresaron nas Ordes militares de Santiago, Calatrava, Alcántara, Carlos III e San Xoán de Xerusalén. Os de Allariz levan como armas, en campo de prata, dez roeles de azur, postos en tres paos, con catro roeles o do centro (armas dos de Lemos). Os de Andalucía e Extremadura engaden un bordo de goles cargado de oito aspas de ouro. Os de Aragón traen, en campo de ouro, dez roeis de azur colocados de dous en dous.