alternancia
(
-
s
f
Acción e efecto de alternar dúas ou máis cousas.
Ex: A alternancia de partidos foi unha solución para a gobernabilidade.
-
[AGR]
-
s
f
División ou repartimento dos terreos dunha explotación en tantas partes equivalentes como anos previstos para a sucesión de cultivos escollida como a máis conveniente.
-
alternancia irregular Alternancia practicada cando por calquera circunstancia hai que desistir do cultivo que correspondería segundo a alternancia prefixada.
-
alternancia libre Alternancia practicada cando as condicións do momento son as únicas que sinalan os cultivos a facer, sen regra fixa. Propia das explotacións moi intensivas.
-
s
f
-
[BOT]
-
s
f
Disposición de cada unha das pezas (follas, pétalos, estames, etc) dun verticilo nos espacios existentes entre as pezas do verticilo inmediato; por exemplo, disposición en ángulo recto das dúas follas opostas dun nó en relación coas do nó seguinte.
-
lei de alternancia Lei pola que as follas ou pezas florais de dous verticilos consecutivos alternan entre eles, é dicir, que entre cada dúas estruturas dun verticilo vén situarse outra do verticilo inmediato.
-
s
f
-
[BIOL]
alternancia de xeracións
-
s
f
[ESTRATIG]
Acción e efecto de alternar nunha formación estratigráfica diversas capas que se repiten sucesivamente. O flysch é un exemplo típico.
-
s
f
[FÍS]
Semiperíodo dun fenómeno alterno durante o cal non cambia o signo da magnitude que o caracteriza.
-
s
f
[LING]
-
Cada un dos elementos que interveñen nunha alternancia morfofonolóxica.
-
Fenómeno morfolóxico que consiste na permutación de elementos fonolóxicos en palabras que pertencen á serie, grupo ou categoría morfosintáctica. Estas permutacións clasifícanse a miúdo en temáticas (lat eo/ivi) e máis xeralmente en consoánticas e vocálicas. Por exemplo, en galego, existe alternancia vocálica nalgúns verbos da segunda e terceira conxugación (eu sirvo/ti s[E]rves; eu fuxo/el f[O]xe).
-
-
s
f
[LIT]
-
Regra da versificación francesa clásica fixada pola Pléiade, que consiste na correlación de rimas masculinas e femininas que se presentan ben en pareados (aabb), ben en disposición cruzada (abab) ou ben en distribución redobrada (aabab).
-
En narratoloxía, combinación de dúas ou máis perspectivas sobre unha mesma historia que ocasionan oscilacións reiteradas na focalización do discurso narrativo. Tamén se entende por alternancia a combinación de dúas ou máis secuencias narrativas que intercalan a súa disposición no discurso.
-
-
[LING]
alternancia de códigos