alternante

alternante

(

  1. adx

    Que alterna con outro.

    Ex: As quendas de traballo na fábrica son alternantes.

  2. adx [ARQUEOL]

    Termo empregado na análise tecnolóxica para denominar un trazo de posición. Designa as extraccións dispostas sobre o mesmo bordo dunha peza efectuadas de xeito alternativo dende as dúas caras opostas, primeiro unha e logo outra, pero sen sobreposición.

  3. adx [ESTRATIG]

    Que está formado por capas ou estratos que se repiten unha ou varias veces.

  4. adx [LING]

    Cada un dos elementos que interveñen nunha alternancia morfofonolóxica.

Palabras veciñas

alternado -da | alternador | alternancia | alternante | alternar | Alternaria | alternárico, ácido