alternariose
alternariose
(< alternaria + -ose)
s
f
[BIOL]
Enfermidade causada por fungos do xénero Alternaria, que produce alteracións na cor das follas dalgunhas plantas. Son, xeralmente, manchas de cor castaña escura ao longo dos pecíolos e dos nervios. Afectan, sobre todo, ás patacas, aos cítricos, ás coles e aos caraveis.