Alterniaicinos

Alterniaicinos
[HIST/ETN]

Comunidade indíxena da Gallaecia romana, posiblemente no conventus bracarense. Coñécese por unha inscrición sobre unha prancha de bronce atopada en Viana do Bolo. A prancha recolle unha dedicación á divindade de nome Aegiamunniaego por Antistius Placidus dos Alterniaicinos.