alternativo -va

alternativo -va

(< alternar)

  1. adx

    Que transcorre alternando, segundo quendas.

    Ex: Realizou unha serie de movementos alternativos antes de pasar ós outros.

  2. adx

    Que ofrece dúas ou máis cousas entre as que se escolle unha con exclusión da outra ou das outras.

    Ex: Temos dúas alternativas: á dereita ou á esquerda.

  3. s f

    Obriga de escoller entre dúas ou máis cousas.

    Ex: Non teño alternativa, debo marchar con eles de vacacións.

    Sinónimos: dilema, disxunción, elección, opción.
  4. s f

    Opción a escoller nunha situación determinada.

    Ex: A alternativa que lle quedaba era mellorar o comportamento.

  5. s f [ESPECT]

    Cerimonia pola que un matador de touros, nomeado padriño, autoriza a un matador de novelos a actuar no seu lugar. Para que o matador de novelos se converta definitivamente en toureiro deberá confirmar aalternativa nunha corrida posterior.

  6. [INFORM]

    alt.

  7. s f [MAT]

    Relación entre dúas proposicións alternativas, tal que se unha é verdadeira, a outra ten que ser falsa, e viceversa.

  8. [TECNOL]

    movemento alternativo

  9. [MAT]

    proposición alternativa