alterno -na

alterno -na

(< lat alternu < alter ‘outro’)

  1. adx

    Que se realiza con alternancia, segundo a orde marcada na quenda.

    Ex: O toureiro fixo uns movementos alternos ó encarar o touro.

  2. adx

    Dise da temporalidade que sofre un proceso de alternancia.

    Ex: Probablemente irei traballar en días alternos.

  3. adx [ARQUEOL]

    Termo empregado na análise tecnolóxica para designar un trazo de posición. As extraccións denomínanse alternas cando unha destas é o resultado da percusión sobre unha cara (A) formando un negativo no seu respectivo bordo na cara oposta; a seguinte extracción realízase a partir da cara oposta á anterior (B) quedando reflectido o negativo da extracción no seu repectivo bordo, que está na cara oposta.

    Confrontacións: alternante.
  4. adx [BOT]

    Dise das follas ou outros órganos separados e dispostos en dúas ringleiras lonxitudinais (ortósticas) que fan un ángulo aproximado de 180°.

  5. adx [LIT]

    Que presenta alternancia nas rimas ou na estrutura dos versos.

Palabras veciñas

Alterniaicinos | alternifloro -ra | alternifolio -lia | alterno -na | alteza | Althaea | Altheim