alteza

alteza

(< lat tardío altitĭa‘altura‘)

  1. s f

    Calidade de alto, de elevado, especialmente con sentido figurado.

    Ex: Ten unha alteza de formas que ficamos abraiados.

    Sinónimos: altura, altura.
  2. s f

    Título ou tratamento de honor dado a infantes, infantas, príncipes e princesas. Foi empregado polos reis de diferentes países de Europa ata o s XVI, cando foi substituído polo de maxestade. Modernamente, o tratamento de alteza real ou alteza imperial dáselles aos príncipes nados de liña directa e agnaticios dun Rei ou dun Emperador; o de alteza serenísima aos seus colaterais, aos soberanos que non son reis, ou aos príncipes mediatizados do Sacro Imperio; o de alteza ilustrísima aos membros das casas condais tamén mediatizados do Sacro Imperio.

    Ex: A súa alteza real inaugurou o novo edificio.

    Confrontacións: aristócrata.
  3. s f

    Persoa que porta o título de alteza.

  4. s f [HIST]

    Tratamento que recibía a Xunta Suprema do Reino de Galicia.

Palabras veciñas

alternifloro -ra | alternifolio -lia | alterno -na | alteza | Althaea | Altheim | Althingi