alucinóxeno -na
alucinóxeno -na
(
-
adx
Que produce alucinacións.
Ex: O médico receitoume medicamentos alucinóxenos.
-
s
m
[MED]
Psicofármaco que provoca modificacións psíquicas transitorias que afectan especialmente á esfera perceptiva. Os seus efectos adoitan reversibilidade. No plano psicolóxico, a súa aplicación produce, primeiramente, unha modificación do ton afectivo, xeralmente cara á euforia; logo sobreveñen alteracións perceptivas, especialmente visuais, sufrindo modificacións da imaxe corporal e sendo frecuentes as cinestesias. A aplicación de alucinóxenos ten valor psicoterapéutico e diagnóstico nas formas iniciais da esquizofrenia e permite o estudio da quimioterapia antipsicótica.