alude
(
-
s
m
[XEOG]
Masa de neve que se desprende e precipita con violencia, principalmente en lugares de pendentes pronunciadas. A súa formación depende da cantidade de neve, do tipo de neve (a neve compacta e mollada facilita o desprendemento), da inclinación da montaña e do liso da súa superficie ou do clima, e da época do ano. A acción xeomorfolóxica dos aludes é importante, xa que adoitan repetirse nun mesmo lugar, ocasionando un suco denominado corredor de alude. Tratan de evitarse mediante a construción de barreiras e favorecendo o crecemento dos bosques.
Sinónimos: avalancha. -
s
m
[FÍS]
Morea de persoas ou cousas.
-
s
m
[FÍS]
Fenómeno en virtude do que os electróns libres existentes nun medio calquera ionizable sometido a un campo eléctrico, poden producir novos ións ( ionización por choque), e crear ao mesmo tempo máis electróns libres que, á súa vez, reproducen o mesmo fenómeno. A formación de electróns libres e de ións provoca un aumento de corrente que pode chegar a un valor moi elevado, que cómpre limitar. Este fenómeno ten lugar nos gases (descarga de Townsend) e nos semicondutores.
Citas
- Un alude de xente invadiu o estadio de fútbol.