ambiente
(< lat ambiente ‘que rodea’)
-
adx
Que circunda un corpo ou que circula ao redor de algo.
Ex: A temperatura ambiente deste local é moi agradable.
-
s
m
Aquilo que rodea, que circula ao redor dunha cousa, especialmente o aire.
Ex: A fábrica de papel crea un mal ambiente na cidade.
Sinónimos: atmosfera. -
s
m
[DEC]
Conxunto de elementos que integran o campo de percepción visual. Este campo queda delimitado por obxectos físicos: en arquitectura, as paredes, teitos, solos, etc; en urbanismo, as rúas, prazas, vexetación, etc; e nos espacios rurais, outros elementos da natureza. Ademais tamén se inclúen outros obxectos: en arquitectura, os mobles, utensilios, etc; en urbanismo ou no medio rural as fachadas dos edificios, obras de enxeñería viaria, etc. O ambiente é o resultado do control destes elementos integrantes do campo visual.
-
[ECOL]
-
s
m
Conxunto de factores físicos (humidade, temperatura, presión, luz, etc), químicos (composición química do medio) e biolóxicos (interaccións entre os organismos) aos que está sometido un ser vivevente.
-
medio ambiente.
-
ambiente extremo
Aquel que esixe, de calquera organismo que o tolere, unha estrutura morfolóxica ou un mecanismo bioquímico que non se atopa na maioría das especies. Son exemplos as augas termais de elevada temperatura, as zonas polares, as salinas, as augas das minas (moi ácidas), os lagos alcalinos ou as zonas abisais.
-
s
m
-
s
m
[ESPECT]
Medio material, intelectual e moral que sitúa a acción da obra, segundo a súa ambientación.
-
s
m
[PSIC]
Conxunto de elementos que poden actuar sobre o individuo. Constituído por obxectos e persoas que o rodean e a actitude destes cara a el.
Ex: Vive nun ambiente familiar prexudicial para a súa recuperación psicolóxica.