Amigo de la Nación, El
Amigo de la Nación, El
[PUBLIC]
Periódico bisemanal xurdido en Santiago o 18 de abril de 1820, fundado e dirixido por Antonio Ferro Montaos. Foi impreso por Xoán Bautista Moldes e por Rey Chiquito. De tendencia constitucional, voceiro da Xunta Patriótica de Santiago, nel figuraba como redactor Tomás Canabal e Mariño. Contiña editoriais, comunicados, xunto con novas políticas e sociais.