amilasa
amilasa
s
f
[BIOQ]
Enzima que hidroliza enlaces a-1-4-glicosídicos. A a-amilasa [a-1-4-glicano-4-glicanohidrolasa] hidroliza os enlaces a-1-4-glicosídicos dos polisacáridos que conteñen tres ou máis restos de glicosa unidos en configuración a-1-4, transformándoos en dextrina e despois en maltosa. A b-amilasa [a-1-4-glicano-maltohidrolasa] provoca a hidrólise dos enlaces a-1-4-glicosídicos nos polisacáridos, de xeito que libera moléculas de maltosa sucesivamente; inicia a súa acción polos extremos redutores das cadeas. Produce b-maltosa por inversión.