amiláceo -a
amiláceo -a
(< amidón + -áceo)
-
adx
Da natureza do amidón, que contén amidón.
-
materia amilácea
[BIOQ]
En sentido estricto, amidón dos vexetais e, en particular, o das sementes dos cereais (trigo, cebada, arroz e millo, entre outros), a fécula de patata, a tapioca e o arrowroot. En sentido amplo pódense incluír en ocasións, as dextrinas, que en certos vexetais coexisten co amidón, e o glucóxeno dos organismos animais e dos fungos.