amiotrofia
(
Atrofia muscular, caracterizada pola diminución do volume dos músculos coa conseguinte diminución da forza, ocasionada pola atrofia das fibras musculares. Esta afección pode ser consecuencia de lesións primitivas da fibra muscular de carácter conxénito (miopatías primitivas ou distrofias musculares), de doenzas sistémicas (polimiosite, dermatomiosite), de trastornos de estruturas próximas (miopatías reflexas), e de doenzas do sistema nervioso (miopatías neuroxénicas). As principais amiotrofias son: a esclerose lateral amiotrófica; a atrofia espiñal progresiva de Aran-Duchenne; a parálise bulbar progresiva de Duchenne; a atrofia espiñal infantil de Werdnig-Hoffmann; a atrofia espiñal xuvenil de Wohlfart-Kugelberg-Welander; a atrofia peroneal de Charcot-Marie-Tooth; e a neuropatía hipertrófica de Dejerine-Sottas. Non se coñece actualmente ningún tratamento específico para estas doenzas, non obstante os pacentes poden mellorar cunha fisioterapia adecuada.