amoestación
amoestación
(< lat v*admonestatiōne)
-
s
f
Acción e efecto de amoestar.
Ex: Con esa amoestación seguro que anda máis atento a próxima vez.
Confrontacións: advertencia, aviso, reprensión, reprimenda, recriminación. -
s
f
[DEP]
Nalgúns xogos como o balonmán ou o fútbol, mostra dunha tarxeta de diferente cor que se sinala logo dunha infracción e que castiga ao infractor, ben avisándoo, castigándoo temporalmente ou expulsándoo definitivamente do campo e do partido.
Ex: Míchel Salgado recibiu unha amoestación inxusta por parte do árbitro.
-
s
f
[DER]
Notificación pública que se fai nas igrexas, oral ou escrita, do nome e doutras circunstancias dos que desexan contraer matrimonio por esas datas, co fin de requirir dos fieis a manifestación dos impedimentos que poden ser contrarios a este matrimonio.