aviso

aviso

(< avisar)

  1. s m

    Acción e efecto de avisar.

    Ex: Despois do primeiro aviso, sacáronlle a tarxeta amarela e logo a vermella.

    Sinónimos: advertencia. Confrontacións: amoestación.
  2. s m

    Palabras, escritos ou recados para avisar dalgunha cousa.

    Ex: Tiña o aviso na casa de que a túa familia chegaría esta tarde.

    Sinónimos: nota. Confrontacións: notificación.
  3. s m [COMUN]

    Técnica publicitaria empregada na radio e na televisión que consiste en emitir unha mensaxe comercial como se se tratase dunha advertencia propia da programación.

  4. s m [MAR/BÉL]

    Navío de guerra pequeno, pouco armado, e de características pouco precisas, que serve para algúns dos diferentes usos que teñen os barcos das flotas. Actualmente, os avisos fan as funcións de buques gardapesca, patrulleiros, barcos hidrográficos, etc.

  5. aviso de recepción/notificación de recepción

    Escrito asinado onde se declara que se recibiu unha carta, un envío, cartos ou cousas semellantes.

Palabras veciñas

Avisador, El | Avisador, El | avisar | aviso | Avispa, La | avistar | avitaminose