notificación

notificación

(

  1. s f
    1. Acción e efecto de notificar.

    2. [DER]

      Acto mediante o que se comunica, dunha maneira auténtica, a unha persoa determinada ou aos seus representantes legais, a resolución xudicial ou administrativa dunha autoridade. A partir dese momento comeza o prazo para cumprir aquilo que se decidiu, exercitar accións ou interpor recursos.

    3. [DER]

      Acto unilateral, en dereito internacional, polo que se dá a coñecer un documento ou unha situación.

  2. s f

    Escrito con que se notifica algunha cousa.

Palabras veciñas

Noticiero, El | Noticiero, El | Noticiero, El | notificación | notificador -ra | notificar | Notke, Bernt