Noticiero, El
Noticiero, El
[PUBLIC]
Xornal publicado en Vigo a partir de 1903. Cesou en 1915. Baixo o subtítulo “Diario Independiente” e “Diario Mercantil Independiente”, a partir de 1913, estivo dirixido por Xaime Solá, responsable da compra en 1903 da cabeceira de El Independiente para crear este xornal. Os seus predecesores foron os xornais Diario de Vigo (1884), o propio El Independiente (1885) e El Noticiero de Vigo (1889), fundado tamén por Xaime Solá. Caracterizouse por incluír novidades técnicas que causaron sensación no xornalismo vigués.