afiado -da
(< afiar)
-
p reg
de afiar.
Ex: Corteime con esa punta tan afiada.
-
adx
Que ten a punta aguda ou que termina en punta.
Ex: O lapis do carpinteiro non está moi afiado.
Sinónimos: amolado. -
adx
Que ten o fío moi cortante.
Ex: Para cortar ben a carne, precisamos un coitelo perfectamente afiado.
Sinónimos: amolado. -
adx
Que ten algunha parte do corpo máis delgada do normal, especialmente o nariz, a face ou os dedos.
Ex: Ten un nariz tan afiado que lle afea a súa fermosa faciana.
-
adx
Que se procura molestar ou ofender a alguén co que se di ou se escribe.
Ex: As afiadas palabras do seu artigo están a ter moita repercusión na prensa escrita.
-
s
f
Acción e efecto de afiar.
Ex: O afiador xa rematou a afiada dos coitelos.
Sinónimos: afiadura, amoladura.
Frases feitas
-
Ter a lingua afiada. Ser mordaz.
-
Ter as uñas afiadas. Persoa que acostuma a desexar os bens que non lle pertencen.