afiado -da

afiado -da

(< afiar)

  1. p reg

    de afiar.

    Ex: Corteime con esa punta tan afiada.

  2. adx

    Que ten a punta aguda ou que termina en punta.

    Ex: O lapis do carpinteiro non está moi afiado.

    Sinónimos: amolado.
  3. adx

    Que ten o fío moi cortante.

    Ex: Para cortar ben a carne, precisamos un coitelo perfectamente afiado.

    Sinónimos: amolado.
  4. adx

    Que ten algunha parte do corpo máis delgada do normal, especialmente o nariz, a face ou os dedos.

    Ex: Ten un nariz tan afiado que lle afea a súa fermosa faciana.

  5. adx

    Que se procura molestar ou ofender a alguén co que se di ou se escribe.

    Ex: As afiadas palabras do seu artigo están a ter moita repercusión na prensa escrita.

  6. s f

    Acción e efecto de afiar.

    Ex: O afiador xa rematou a afiada dos coitelos.

    Sinónimos: afiadura, amoladura.

Frases feitas

  • Ter a lingua afiada. Ser mordaz.

  • Ter as uñas afiadas. Persoa que acostuma a desexar os bens que non lle pertencen.